Verba, Anuario Galego de Filoloxía é unha revista anual fundada en 1974 coa intención de difundir os estudos filolóxicos realizados en Galicia e coa vocación de dedicar unha atención preferente á lingua galega. Porén, a súa recepción nos ambientes universitarios españois, europeos e americanos abriu o camiño para que especialistas de distintas procedencias ampliasen o seu catálogo de temas e de linguas de traballo. A revista abarca campos como: gramática, fonoloxía, léxico, edición de textos, teoría lingüística e pragmática. Verba admite orixinais en galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán. Ademais do volume anual, a revista edita unha colección anexos monográficos, que en 2012 chegan a 70 títulos. Verba conta co selo de calidade da FECYT e aparece indexada en ERIH PLUS, LLBA, MLA, LINGUISTIC BIBLIOGRAPHY, REGESTA IMPERII, Dietrich's Index Philosophicus, PASCAL, IBZ Online, Fuente Académica Plus, PIO, Fuente Académica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, REDIB, SUMARIS CBUC. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A. No índice RESH, Verba sitúase, no período 2004-2008, no posto 6 de 121 entre as revistas españolas de Filoloxía Hispánica de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science. O portal dixital de Verba publícase en galego, español, francés e inglés.

Novidades

Título: Verba: Anuario Galego de Filoloxía

ISSN: 2174-4017

Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía

Materia:Estudos lingüísticos e filolóxicos

Data de inicio: 1974

Idiomas:Galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán

Páxina web da revista

Normas para autores/as

Contacto

Coleccións nesta comunidade

Envíos recentes

Ver máis






Recolectores:Enlaces de interese:
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto | Suxestións